Festas do Nadal: Panxoliñas
Xosé Ramón Villar Chao (Viveiro, 1927 - A Coruña, 1965.)
Descrición
Durante o día 25 de decembro, día do Nadal e o 5 de xaneiro (noite de Reis) os rapaces van de casa en casa reunidos en xuntas, bandos, aguinaldeiros ou ranchos, cantando panxoliñas que acompañaban con gaitas, pandeiros, ferriños ou cunchas. Basicamente, comezan pedindo permiso ó dono da casa e logo seguen os saúdos e cantos con motivos do Nadal:
Déano-lo aguinaldo anque sexa pouco Un touciño enteiro e a metade doutro.
Finalmente, piden un aguinaldo ó homenaxeado, que adoita consistir en hourizos, ovos, castañas, pan, viño etc., que a xunta agradece con
coplas de louvanza e que vai amoreando para comer ó día seguinte dentro dunha festa de tódolos compoñentes: Nesta casa caleada, caleada de pemento, que por moitos anos vivan os señores que están dentro.
Hai ocasións nas que o dono da casa rexeita as panxoliñas ou nega o
aguinaldo, o que supón cantos de aldraxe: Esta casa é de palla esta casa non val nada Cantámosche os reises do quiquiriquí se non nos dás nada caghámosche aquí.
A palabra panxoliña tamén designa os mecos ou accións cariñosas con intención de adular, e de aí a expresión Déixate de panxoliñas coa que se rexeita a quen quere gañárno-la vontade con afagos e
aloumiños. |
De Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo, Tomo I, B. Aires, 1962, páx. 773.
Letra
Falade ben baixo
petade frouxiño
para que non esperte
o noso Neniño.Panxoliña de 1637
DEUS NACE GALEGO
Ay! Se nosso Deus galego se faze
vamos a cantar á chozinha em que nace
Ay! Se a sua May é de Compostela,
vamos a cantar fermosa galega
Todo galeguinho toque charumbela
Que o menino bello é da nosa terra.
Façamoslle todos a dança galega
Que está desnudinho e chora e tembra
Pois nace en Galiça, á falda da serra,
galego se faze é da nosa terra.
Ay! Se nosso Deus galego se faze
vamos a cantar á chozinha em que nace
Ay! Se a sua May é de Compostela,
vamos a cantar fermosa galega
Todo galeguinho toque charumbela
Que o menino bello é da nosa terra.
Façamoslle todos a dança galega
Que está desnudinho e chora e tembra
Pois nace en Galiça, á falda da serra,
galego se faze é da nosa terra.
Manuel María
Panxoliña do Nadal
Hai un vento cheo de frío apousado nos camiños. E no ar un asubío todo cheo de aloumiños. pero un vento milagreiro nascerá pol-o Nadal. Brilará coma un luceiro pra alomear o portal. Xa nas ponlas dun carballo nasceu un vento ventiño; ten doces versos de orballo e azas de paxariño. Ten azas de paxariño e craridades de día, que llas deu Jesús Neniño e Santa Virxe María. |
TAN, TAN
Tan, tan,
Van polo deserto,
Tan, tan,
Melchor e Gaspar.
Tan, tan,
Detrás un negriño,
Que todos lle chaman
O rei Baltasar.
Tan, tan,
Viron unha estrela;
Tan, tan, vírona brillar.
Tan, tan,
Tan pura e fermosa,
Que todos a seguen
A ver onde vai.
Tan, tan,
Cánsase o camelo,
Tan, tan
Cánsase de andar.
Tan, tan,
Que vai cargadiño
De incienso e de mirra,
Para quen será.
Van polo deserto,
Tan, tan,
Melchor e Gaspar.
Tan, tan,
Detrás un negriño,
Que todos lle chaman
O rei Baltasar.
Tan, tan,
Viron unha estrela;
Tan, tan, vírona brillar.
Tan, tan,
Tan pura e fermosa,
Que todos a seguen
A ver onde vai.
Tan, tan,
Cánsase o camelo,
Tan, tan
Cánsase de andar.
Tan, tan,
Que vai cargadiño
De incienso e de mirra,
Para quen será.
ALE PUN
A virxe vai camiñando,
¡Ale pun!
Pòr unha montaña escura,
¡ale pun!
¡ale pun!, catapún.
¿De quen son esas galiñas?
¡ale pun!
¿Qué están nese curral?
E ale pun, ale pun catapún.
As galiñas son do cura
¡ale pun!
E o galo do sacristán
E ale pun, ale pun.Déixalle unha ao meu neno
¡ale pun!
Para que poida xogar.
¡ale pun!
Mentres o neno xogaba
¡ale pun!
Todos veñen do curral.
Ale pun…
¡Ale pun!
Pòr unha montaña escura,
¡ale pun!
¡ale pun!, catapún.
¿De quen son esas galiñas?
¡ale pun!
¿Qué están nese curral?
E ale pun, ale pun catapún.
As galiñas son do cura
¡ale pun!
E o galo do sacristán
E ale pun, ale pun.Déixalle unha ao meu neno
¡ale pun!
Para que poida xogar.
¡ale pun!
Mentres o neno xogaba
¡ale pun!
Todos veñen do curral.
Ale pun…
CANTADE MOCIÑOS
Cantade mociños
E mozas tamén,
Que Deus esta noite
Naceu en Belén.
Enriba das pallas
Está o noso rei;
Que pequerrechiño,
Que bonito é.
A súa cariña
É doce , é mel,
É suave e branquiña
Como a súa pel.
Os anxos, pastores,
Labregos tamén,
Todos van axiña
Adora-lo recén.
E mozas tamén,
Que Deus esta noite
Naceu en Belén.
Enriba das pallas
Está o noso rei;
Que pequerrechiño,
Que bonito é.
A súa cariña
É doce , é mel,
É suave e branquiña
Como a súa pel.
Os anxos, pastores,
Labregos tamén,
Todos van axiña
Adora-lo recén.
VINDE VER O NENO
VINDE VER O NENO, QUE ESTA DESPIDIÑO
I ACURRUCADIÑO - O PE DOS SEUS PAES!
E MANCANO AS PALLAS,
EN QUE ESTA DEITADO,
I O NOSO PECADO, AINDA O MANCA MAIS!
I ACURRUCADIÑO - O PE DOS SEUS PAES!
E MANCANO AS PALLAS,
EN QUE ESTA DEITADO,
I O NOSO PECADO, AINDA O MANCA MAIS!
O Meniño, pequeniño,
entre unhas pallas se ve,
como o Neno e tan pequeño,
aínda non se ten de pé.-
Ai, qué Neno, ai qué Meniño!
ai qué ganiñas me dan!
De comerile a cara a bicos,
de gordo e branco que está!
entre unhas pallas se ve,
como o Neno e tan pequeño,
aínda non se ten de pé.-
Ai, qué Neno, ai qué Meniño!
ai qué ganiñas me dan!
De comerile a cara a bicos,
de gordo e branco que está!
Fuxan os ventos http://youtu.be/2IZIpUQEo4Y
Nesta fría noite
Nesta fría noite,
Vin ata a súa porta,
¡Oh amigos meus!
¡Non me deixo fóra!
Todo Belén brilla,
cheo está de xeada
E a calor do lume,
O Neno entre pallas.
Vin ata a súa porta,
¡Oh amigos meus!
¡Non me deixo fóra!
Todo Belén brilla,
cheo está de xeada
E a calor do lume,
O Neno entre pallas.
Deixade os pastores
Con un sombreiro de palla
Con un galego a Belén foi
mentres adouraba aó Neno
comeulle o sombreiro o boi.
Deixade os pastores
deixádeos pasar
quen van cantar ö Rei,
a Xesús no Portal. (bis)
Nunhas pallas deitadiño
e en coiriños alí está
sendo dono deste mundo
e Señor de canto hai.
Deixade os pastores
deixádeos pasar
quen van cantar ö Rei,
a Xesús no Portal. (bis)
A Quenlla, Fuxan os ventos: http://youtu.be/tgQVSvI1w9Q
Fuxan os ventos
POR ENTRE AS SILVEIRAS -
CANTAN ALEGRES OS PAXARIÑOS.
ANUNCIANDO A TODOS -
CON GRAN ESPLENDOR;
QUE NACEU O NENO -
MAIS ESCELENTE E MAIS BONITIÑO
QUE VEN A SER FILLO-DO NOSO SEÑOR.-
A Belén vinde, pastores,
alí naceu un Meniño
que está, meu Ben, tiritando,
ai!, tiritando de frío.
I, o Probiño, trembando está
e naide corre para o ir quentar;
soio un boiciño, co seu soprar,
quentaba ó Neno, sen descansar!
As ovelliñas, pacendo,
pola veira do rigueiro,
berran porque xa naceu
o Rei da Terra e do Ceo.
I as aves todas, co seu chiar
festexan xuntas a Navidá;
cos seus childos, sen descansar,
louvan ó Neno que está no Portal.
CANTAN ALEGRES OS PAXARIÑOS.
ANUNCIANDO A TODOS -
CON GRAN ESPLENDOR;
QUE NACEU O NENO -
MAIS ESCELENTE E MAIS BONITIÑO
QUE VEN A SER FILLO-DO NOSO SEÑOR.-
A Belén vinde, pastores,
alí naceu un Meniño
que está, meu Ben, tiritando,
ai!, tiritando de frío.
I, o Probiño, trembando está
e naide corre para o ir quentar;
soio un boiciño, co seu soprar,
quentaba ó Neno, sen descansar!
As ovelliñas, pacendo,
pola veira do rigueiro,
berran porque xa naceu
o Rei da Terra e do Ceo.
I as aves todas, co seu chiar
festexan xuntas a Navidá;
cos seus childos, sen descansar,
louvan ó Neno que está no Portal.
O apalpador
Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Toca o pandeiro Manoel
Toca o pandeiro Manoel, e que non falte alegría!. Que esta noite nacerá Xesús fillo da Virxe María. Ai no portal de Belén tiña que haber un galego! Ai no portal de Belén ! Fora de Ourense ou de Lugo, da Coruña ou pontevedrés. E tiña que estar e tiña que haber, algún galeguiño xunto do recén. Xunto do recén non podía faltar algún galeguiño para aturuxar. Mira que bonito está, dá gloria velo na cuna!. Un boi lle dá o seu calor e as pallas cómeas a mula. Mentres, se escoita no ceo cantar: Gloria a Deus nas alturas! |
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres adoraba o neno
comeulle o sombreiro o boi
e tiña que estar, e tiña que haber
algún galeguiño xunto do recén
xunto do recén non podía faltar
algún galeguiño para aturuxar
Ai no portal de Belén
tiña que haber un galego
fora de Ourense ou de Lugo
da Cruña ou Pontevedrés
un galego a Belén foi
mentres adoraba o neno
comeulle o sombreiro o boi
e tiña que estar, e tiña que haber
algún galeguiño xunto do recén
xunto do recén non podía faltar
algún galeguiño para aturuxar
Ai no portal de Belén
tiña que haber un galego
fora de Ourense ou de Lugo
da Cruña ou Pontevedrés
Voltas e voltiñas, voltas,
voltiñas polo arredore
cantas máis voltiñas, voltas,
cantas máis voltas, millore!
Son voltas, son voltas, son voltas que o mundo dá
son voltas, son voltas, da noite de Navidá.
voltiñas polo arredore
cantas máis voltiñas, voltas,
cantas máis voltas, millore!
Son voltas, son voltas, son voltas que o mundo dá
son voltas, son voltas, da noite de Navidá.
Tino Baz
Buscando unha estrela
Os pitiños buscaban unha estrela
e cando a atoparon bailaron con ela
Ailarala
a quen queres ti alumear
ao neno que xa naceu nesta noite de Nadal.
Os gatiños buscaban unha estrela
e cando a atoparon bailaron con ela
Ailarala
a quen queres ti alumear
ao neno que xa naceu nesta noite de Nadal.
Os peixiños buscaban unha estrela
e cando a atoparon bailaron con ela
Ailarala
a quen queres ti alumear
ao neno que xa naceu nesta noite de Nadal.
Enlaces
A GANDAINA . CANTO DE NADAL
Meu pequeniño: http://youtu.be/NkZeiCRBEiw
Vinde pastores: http://youtu.be/EPD3dyHMjUE
Alá pola noite: http://youtu.be/JyIUij8bsSM
Buscando una estrela: http://youtu.be/q9tQeBN3M1I
Imos a Belén: http://youtu.be/4mfMlJTx3TE
A belén vinde Pastores: http://youtu.be/ug1_N7Jrxak
Pastores vinde lixeiros: http://youtu.be/wFvqzOAfHdI
Yo Yo Ma - Panxoliña: a Galician Carolhttp://youtu.be/ftG3WjF0_Q0
Cun sombreiro de palla: http://youtu.be/q9tQeBN3M1I
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar