martes, 9 de abril de 2019

De magosto

De magosto

Icona iDevice 

O magosto


Icona iDevice 

1

Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco,
que me cheiran ó chamosco
ai lalelo ai lalalo.

Festa do magosto 2009, Celeiro http://youtu.be/X-W1j4vzZgw
Os Diplomáticos: http://youtu.be/esJwVOp9IgE

Icona iDevice 

Cantar

A castaña do ourizo
quixo rir e arregañou
caeu do castaño embaixo
mira que tombo levou.



Icona iDevice 

Outras versións

A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.

A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do ourizo embaixo
iso foi o que gañou.  

Icona iDevice 

Aquí témolo magosto

Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada

Señora María, señor Manuel
castañas asadas, que saben moi ben
que saben moi ben, que saben moi ben,
señora María, señor Manuel.

Icona iDevice 

Cantar

O carballo bota landras
e o castiñeiro ourizos
para ser muller casada
tes ben pouco xuízo.

Icona iDevice 

Cantar

Canta cuco, canta cuco
na galla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo a carpinteiro.

Icona iDevice 

Cantar

Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.

Icona iDevice 

Cantar

Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
anque non teña mantelo
collereinas no refaixo.

Icona iDevice 

Cantar

Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
agáchochas no refaixo.

Icona iDevice 

Cantar

Mociños de aló arriba
vídevos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña castiñeiro.

Icona iDevice 

Cantar

Miña nai, doime a barriga
miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?

Icona iDevice 

Cantar

A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou:
caendo castaño abaixo,
mira que golpe levou!

Icona iDevice 

Cantar

Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.

Icona iDevice 

Cantar

Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que ás pequenas non me baixo.

Icona iDevice 

Cantar

Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas
catro castañas asadas.

Icona iDevice 

REFRÁNS

Castañas, noces e viño,
fan as delicias do San Martiño

Polo San Martiño,
deixa a auga
e come castañas e viño.



Icona iDevice 

ADIVIÑAS

Son pequena e a miña cor é marron,
cando chega o outono métenme no fogón.
A  CASTAÑA.

No alto estou
color de ouro teño
por unha pisada
perdo canto teño
O OURIZO
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario