Eu caseime por un ano
Eu caseime por un ano
por saber que vida era;
o ano vaise acabando,
solteiriña quen me dera!
Eu caseime cunha vella
Eu caseime cunha vella,
seica o demo me tentou:
por se-la primeira noite
toda se me estarricou.
Eu caseime no Araño
Eu caseime no Araño
coa filla de un arañón;
ela moi rica non era,
probe si, honrada non.
Eu casei e viudei
Eu casei e viudei,
todo foi no mes de maio;
que fertuna foi a miña
ter dúas festas no ano!
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira
así fai a boa moza
cando non ten quen a queira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario