lunes, 3 de junio de 2019

Introduccion

As cantigas, cantares ou cantarenas (como se coñecen en Valdeorras) son composicións poéticas destinadas a seren cantadas. A estrofa dominante é a copla (estrofa de catro versos octosílabos, ás veces hexasílabos, que riman en asoante nos versos pares). Basean a súa función poética en recursos líricos como o paralelismo, encadeamento, dicotomía, anáfora, antítese, metáfora, xogos conceptuais, etc.

Segundo a súa temática, poden ser de varios tipos:

Cantigas infantís (por exemplo os arrolos ou cantigas de berce: composicións monótonas e doces, de ritmo pausado, empregadas para adormecer os nenos).

Cantigas de amor.

De sátira social.

Cantigas de oficios (acompañaban os traballos ou celebraban o remate dalgunha tarefa: cantar de arada, de arrieiro, de canteiros, de sega, espadelada, de zapateiros, de malla, de vendima, panadeiros, os fiadeiros –que se convertían en algo máis que un lugar no que tiña remate a produción do liño-, etc.).

Cantigas de festas estacionais (compostas para seren cantadas nas festas do ano: vilancicos, panxoliñas ou cantares de Aninovo, cantar de reis, entroido, maios, San Xoán…).

Cantigas de romaxe, que se cantan nos camiños das romarías e de santuario (fan referencia a romaxes e santuarios nos que se rende culto a santos ós que se lles ten moita devoción).

Cantigas de casamento.

Cantigas de divertimento, xeralmente acompañadas de baile ou instrumentos: alborada (canto interpretado nas mañás de festa; precisa de acompañamento de gaita e tamboril), muiñeira (estrofa que acompaña a danza e melodía do mesmo nome), ribeiranas, fandangos, cantos de pandeiro, regueifas, alalás e foliadas.

Cantar de cego (composición que cantaban os cegos en festas, romarías, feiras, etc, acompañados pola zanfoña ou o violín. Adoitan tratar sobre historias de crimes, casamentos, enganos, etc.).



Icona iDevice O ritmo métrico
O ritmo métrico destas cantigas é, as máis das vegadas, a cuadra octosílaba con rima asonantada ou consonantada de segundo verso co cuarto; hainas tamén, escasamente, de rima perfeita nos catro versos. As tríadas ou cantos de pandeiro son tercetos octosílabos, asonantados ou aconsonantados o primerio e terceiro versos. As tríadas ou cantos de pandeiro son tercetos octosílabos, asonantados ou aconsonantados o primeiro e terceiro versos, ficando ceibe o segundo. Dícese que teñen a súa orixe no ternario céltico, inda que este era monorrítmico, como o fixeron notar algúns investigadores.

De Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo, Tomo I, B. Aires, 1962, páx. 769.

Cando canto, canto gordo,

cando quero, delgadiño;

cando quero tamén canto

moi ben adonairadiño.



O paxaro de María

anda nas miñas cereixas

Come paxariño come,

veremos as que me deixas.



O paxaro cando chove

mete o rabo na Silveira,

pasa paxariño pasa,

que che é hora de ir á feira.



Eu non sei que ten os homes,

no cuadrante das cirolas,

unha pola con arumes,

e detrás dúas carolas.



O crego maila criada

ordenaron de cocer,

tiñan a leña no monte

e a fariña sen moer.



O merlo e maila merla

Ían polo monte abaixo,

O merlo como era pillo

botou á merla por baixo.



Ao pasar o regueiriño

díxenche  que si, que si

agora que xa pasei

nin me lembro se te vin.



Soldado son, sirvo ao rei

e tamén sirvo á raíña

porque fago centinela

na túa porta, meniña.



O mar che sirva de cama

o ceo de cobertor

a lúa de cabeceira

para que durmas mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario