martes, 28 de mayo de 2019

Cantigas de oficio

CANTARES DE OFICIOS

Verbo antigo
Gaiteiro pago, nunca ben canta.

A sega
 Colmeiro, 1935

Cantar de canteiro
Cando as pedras den gritos
e o sol deixe de andar,
e a man non teña auga
heime de ti apartar.
Non te namores meniña
de palabras de pedreiro,
collen os picos e vanse
recachando o candieiro.
San Xoán quere facer casa
é pobre e non ten diñeiro,
facede casa San Xoán
que eu serei voso canteiro.

Costureira
Costureiriña bonita,
onde tes os teus vestidos?
Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para poñer os domingos.
Costureiriña bonita,
dime onde tes a cama.
No poleiro das galiñas,
ai si, ai non,
nunha presiña de pallas.
Costureiriña bonita,
dime onde tes o niño.
Nun carballo da Illana,
ai si, ai non,
no máis alto ramalliño.
Costureiriña bonita,
onde gardas os melindres?
Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para comer os domingos.
O amor da costureiriña
era papel e mollouse
e agora, costureiriña,
ai si, ai non,
o teu amor acabouse.
Fuxan os ventos:  http://youtu.be/hH6cElH217g

Costureira
Cando lle pican ás costureiriñas
as condanadas das pulgas no vrao
fan que remexen nas faltiriqueiriñas
llaora non sabe onde mete-la mao.
A agulliña vai cosendo,
bota por ela dedal,
rematarei a costura
para gañar un real.
Costureiriña melindrosa
di que non come touciño
e comeu un porco enteiro
dende o rabo até o fuciño.
As costureiras de agora
foron feitas a sisel,
son amiguiñas dos mozos
como as abellas da mel.
Traime lume, traime lume,
traime lume, costureira,
traime lume, traime lume
na puntiña da tixeira.
Costureiriña bonita
a palacio foi coser
e na primeira escaleira
xa lle deron que facer.
Ai, que calle pedreada
con agullas de coser;
que saian as costureiras
que as queremos pretender.
Toda a miña vida andiven
tras dunha costureiriña,
agora quedei sen ela
como unha agulla sin liña.

Xastre
Mellor quero ser pereira
e dar peras e reperas,
que non ser muller dun xastre
que non ten senón guedellas.
Vale máis un probe xastre
cunhas cirolas de estopa
que non rico carpinteiro
que todo o que gaña emboca.

A vendima
Este cantar da vendima,
éche un cantar vendimeiro, (bis)
este cantar da vendima
tróuxeno eu do Ribeiro. (bis)
Ai, la, la..

Vendima, vendimadora
na vendima do meu pai, (bis)
que o viño vai na cabaza
e o pan na cestiña vai. (bis)
Ai, la, la..
Vendima, vendimadora
na vendima do meu pai, (bis)
Heiche de comer as uvas,
que outra cousa non hai. (bis)
Ai, la, la..
Este cantar da vendima,
éche un cantar moi meiguiño, (bis)
Este cantar é da terra
onde se fai o bo viño (bis)

Ai, la, la..

No hay comentarios:

Publicar un comentario