Estas si que son follas de limón
comer e beber e traballar non,
e traballar non, e traballar non,
estas si que son follas de limón.
Este pandeiro que toco
por moito que repenique (bis)
non teñas medo que rache
que é de coiro de cacique (bis)
Estas si que son follas de limón...
Miña nai e maila túa
quedan no río berrando (bis)
por culpa dunha galiña
que ten amores co galo. (bis)
Estas si que son follas de limón...
O carballo da Portela
ten a folla revirada (bis)
que lla revirou o vento
unha mañá de xiada. (bis)
Estas si que son follas de limón...
Os curas e os taberneiros
teñen moito parecido (bis)
os curas bautizan nenos
e os taberneiros o viño. (bis)
Estas si que son follas de limón...
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira (bis)
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira. (bis)
Estas si que son follas de limón...
No hay comentarios:
Publicar un comentario