martes, 9 de abril de 2019

E pousa, pousa

Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento.


E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña.


Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas
eso é verdá, eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego.


E pousa, pousa..


Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo;
cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo.


E pousa, pousa..

Enlaces

No hay comentarios:

Publicar un comentario