Anque me vou, non me vou
anque me vou, non me ausento
anque me vou de palabra
non me vou de pensamento.
Voume por aquí abaixo,
voume por aquí arriba,
fiando na miña roca,
gobernando a miña vida.
Cando marcho o meu amore
díxome que non chorase
que botase ó aire as penas
pero que non a olvidase.
Voume por aquí abaixo,
voume por aquí arriba,
fiando na miña roca,
gobernando a miña vida.
..........ala abaixo
a falua de San Pedro
cando véxoa na pedra
canto ó meu compañeiro.
Voume por aquí abaixo,
voume por aquí arriba,
fiando na miña roca,
gobernando a miña vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario