Elas eran tres comadres
e dun barrio todas tres
Sarxento Miguel pirixel
e dominus cos e dominus tras
e domino ole, olé
pola túa fe
no souto de Alberte
de Xan Pirulé
E dun barrio todas tres.
II
Ordenaron a merenda
para ir ó Santo Andrés
Sarxento Miguel pirixel...
para ir ó Santo Andrés.
III
Fixeron unha tortilla
de trinta ovos dez por tres
Sarxento Miguel pirixel...
de trinta ovos dez por tres.
IV
Unha puxo unha empanada
Unha puxo unha empanada
de tres codos ao través
Sarxento Miguel pirixel...
de tres codos ao través.
V
Outra leva un pelexiño
de dous cántaros a tres.
de dous cántaros a tres.
Sarxento Miguel pirixel...
de dous cántaros a tres.
VI
Aló pola media noite
veu o marido da Inés.
veu o marido da Inés.
Sarxento Miguel pirixel...
veu o marido da Inés.
VII
E dinlle todas á unha
e ti aquí para que vés?
e ti aquí para que vés?
Sarxento Miguel pirixel...
e ti aquí para que vés?
VIII
Pra facer unha merenda
ben chegamos no-las tres.
ben chegamos no-las tres.
Sarxento Miguel pirixel...
ben chegamos no-las tres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario