lunes, 6 de mayo de 2019

Regueifas

     


       Definición:

      A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar          ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a                    característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que                riman os pares e quedan libres os impares.




    Orixe e temas
   A orixe desta controversia cantada ten que ver coa regueifa, que era un molete de pan -       ou unha rosca de ovo e azucre- que antigamente se regalaba nas vodas aos convidados     e aos mozos e mozas da parroquia non convidados
   Os temas da regueifas son variados, mais polo xeral, hai unha boa dose de humor ou           retranca, o que fai que este tipo de cantares sexan moi divertidos para todos os públicos.    A controversia entre os regueifeiros pode durar horas, e gáñaa o que canta a última copla. A regueifa é un xénero musical e popular que se está perdendo, ao igual que a cultura            tradicional galega.
   Este tipo de versos a varias voces poden escoitarse na Galiza, aínda que hai zonas máis    ricas deste tipo de literatura popular, como pode ser o caso da costa da Morte. Así                mesmo tamén se poden ouvir en Portugal, denominados cantares ao desafío, no Brasil e   Colombia, chamados repentistas, e na Arxentina e no Uruguai hai un desafío entre                payadores, mais a temática destes últimos é seria e máis poética.

No hay comentarios:

Publicar un comentario