FOLIADAS E XOTAS
FOLIADAS
A foliada é un da xota que conserva unha inconfundibel esencia galegamoitas das suas melodias estan en compás de 3 por 4 de acordo coa acentuación, mentres acompañase dun pandeiro ou redobrante que acabase reducindo nun ritmo de 3 tamen permite un acompanamento ritmico de 3 poe 6
Exemplo
O carballo da portela
tan a folla revirada
que lla revirou ovento
nunha mañá de xiada
Se queres aquí, aquí.
Se queres alá, alá.
Se queres na carballeira,
na carballeira será.
Velaí vén o gaiteiro
por entre o pinar
que hastra os pinos lle axudan
ao ronco a fungar.
Cantiga mareira
Cantiga que ves do mare
cantiga do mariñeiro
como me sinto alagare
no teu recendo mareiro
Cantiga que ves do mare
con arrecendo mareiro
coida no seu marexare
do pesco, meu gaioleiro.
Teño no mar meu amado
teño no mar meu amore
como un corazón gabado
por un pesco gabadore
Cando vai rompe-lo día
cando o día vai rompere
torna a lancha pra a baía
coas cántigas dun querere
Foliadas de folgoso
Folgosiño ten a sona,
Folgosiño sona ten,
Folgosiño ten a sona,
de cantar e bailar ben.
Estas si que son follas de olivar,
Comer e beber e non traballar,
e non traballar e traballar non
estas si que son follas de limón.
Dicen Folgoso que tiene
Bellas torres y campanas
Viva la sal y el salero
De la moza folgosana.
Estas si que son follas de olivar,
Comer e beber e non traballar,
e non traballar e traballar non
estas si que son follas de limón.
Esta ruadiña de hoxe
Ela mañá ha soar,
Ela que soe que non
Nós habemos de ruar.
Estas si que son follas de olivar,
Comer e beber e non traballar,
e non traballar e traballar non
estas si que son follas de limón.
Abreme as portas María
Senón entro polas tellas,
Teño un rapaz empezado
E fáltancheme as orellas.
Estas si que son follas de olivar,
Comer e beber e non traballar,
e non traballar e traballar non
estas si que son follas de limón.
Foliada de navela
Zapatos de chiculate
tenos a miña cadela
pra leva-las ovelliñas
ás feiriñas de Nadela.
Aló ven o gaiteiro
por detrás do pinar
hastra os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.
Indo eu pra non sei onde
vindo eu a non sei quén,
á porta de, xa me entendes...
non me poido acordar ben.
Aló ven o gaiteiro....
Andivecheste alabando
polos muiños moendo,
que te casabas conmigo
e iso era en eu querendo.
Aló ven o gaiteiro....
A rula vaise queixando,
que lle levaron o niño,
quen cho mandou facer rula
tanto á beira do camiño.
Aló ven o gaiteiro....
Algún día ben pensaches
do meu corazón ter froles.
Agora vai ós codesos,
que chos hai nos arredores.
Aló ven o gaiteiro....
Foliada de San Amaro
En aldán hai unha ermida
no barrio do Menduiña
a ermida é do San Amaro
e máis da Santa Mariña.
Meu santiño San Amaro
¿a cántos é o seu día?
é o 15 de Xaneiro ¡ai!,
que linda romaría!
Meu santiño San Amaro
vestidiño de amarelo
na aldea de Menduiña
non hai outro cabaleiro.
Meu santiño San Amaro
ten a muller bonitiña
e pra que non lla levaran
púxolle unha campaniña.
No adro do San Amaro
chantei un oso nun pé
eu chamei por San Amaro
e faloume San Xosé.
Sempre me andas preguntando
a que romaría voue
veño de Santa Mariña
e pra San Amaro voue.
Foliada de tenorio
Carballeira de Tenorio
Heina de manda cortar,
Cando vou para Pontevedra
Quítame a vista do mar.
O gaiteiro de Soutelo
! mal raio Deus o mate !
non quere tocar a gaita
sen que lle dean chocolate.
O gaitero de Soutelo
Meniña, corre a velo,
Que é moita a gaitiña
Do gaiteiro de Soutelo.
Cando salín de Soutelo
Os meus ollos eran fontes
Adios monte de Soutelo
Adios Soutelo de Montes.
MorriñaII Foliada
As ferrallas das panderetas
e o coro do seu redondo
petan nas mans das cantareiras
para comenzar a foliada
¡Peta! ¡peta! ¡peta!
Fala con elas o roncón
entoando o seu preludio
¡boa palleta gaiteiro!
voan as notas cos aturuxos
E saca punto o mozo
da muiñeira de Boimorto
cos brazos coma aspas
que moen o gran do outono
Baila na punta dos pes
a melodía marexada
¡ay mozo que juapo eres!
xeitoso sorríe á alborada
Volta o refaixo da man da enagua
e do verdor da carballeira
que mece as cores da xornada
porque é a foliada
No hay comentarios:
Publicar un comentario