- Ventiño mareiro
Teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía,
para ver os meus amores
teño que cruza-la ría,
teño que cruza-lo mar.
Teño un amor en Rianxo
que non o podo olvidar.
Non te vaias mariñeiro
á beiriña do mar
porque o vento mareiro
dá moi bo navegar.
Se navegas pola ría
de Rianxo verás,
as estrelas e a lúa
darlle bicos ó mar.
- Letra
Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.
Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.
Lévalle no teu peteiro.
Gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro
unha cartiña de amores pró meu amor rianxeiro,
pró meu amor rianxeiro, pró meu amor rianxeiro;
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.
Gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro
unha cartiña de amores pró meu amor rianxeiro,
pró meu amor rianxeiro, pró meu amor rianxeiro;
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.
Non lle temas, mariñeiro.....
Vai pola noite a escoitare.
Cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitare
as estrelas e a lúa os biquiños que se danhe,
os biquiños que se danhe, os biquiños que se danhe;
cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitare.
Cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitare
as estrelas e a lúa os biquiños que se danhe,
os biquiños que se danhe, os biquiños que se danhe;
cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitare.
Non lle temas, mariñeiro.....
Collín a dorna en Rianxo
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da vila de Castelao á terra de Rosalía,
á terra de Rosalía, á terra de Rosalía;
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da vila de Castelao á terra de Rosalía,
á terra de Rosalía, á terra de Rosalía;
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.
Non lle temas, mariñeiro....
- Enlace
A Roda: http://youtu.be/6Y7OtynBG8g
No hay comentarios:
Publicar un comentario