martes, 23 de abril de 2019

Romances

Romances populares, que a xente chama “historias”. Veleiquí a música de dous ben coñecidos:
De Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo, Tomo I, B. Aires, 1962, páx. 772.  

Roamance de don Gaiferos
I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela, non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.
-I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.
-Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles, brilante como un altar.
-Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.
-I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán,

No hay comentarios:

Publicar un comentario