martes, 23 de abril de 2019

Pandeiradas

Podemos definir as pandeiradas como unha composición musical semellante á muiñeira, acompañada de pandeiros ou outros instrumentos de percusión, que pode ser cantada. Cunha pandeireta e unhas cunchas xa se pode tocar unha pandeirada.
"O canto de pandeiro é tamén un dos cantos máis típicos galegos. A vella tríada céltica e bárdica é de ritmo endexamais ceibe, de 5 a 8, atopándose tamén eixempros en compás binario e de 3 por 8. O ar do canto de pandeiro é vivaz, a unha soa voz, e logo o coro glosa a cantiga ó xeito de ritornello. Como o seu nome indica, acompáñase do pandeiro, e ás vegadas engádense cunchas e ferreñas: a miudo, nembargantes, o pandeiro sustitúiese pola pandeireta". Véxase un eixempro:


Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo, Tomo I, B. Aires, 1962, páx.771.



CANTARES
1. A muller do gaiteiro
ten unha fortuna
na casa ten dúas gaitas
e outras non teñen ningunha.

2. Este pandeiro que toco
este que teño na mao
non é de María
que é da muller de meu irmao.

3. As fillas de Furabolos
todas xuntas nunha eira,
unhas cantan outras bailan,
outras tocan a pandeira.


Un exemplo dunha faltriqueira:   http://youtu.be/CU7eCTj06Vo


No hay comentarios:

Publicar un comentario