Que ben cantan, que ben bailan
aquelas catro pachocas!
Que ben cantan, que ben bailan!
Que ben menean as zocas!
Aqueles que andan no baile
ambos me parecen ben,
ela parece unha rosa
e el parece un caravel .
Eu pedinllo a unha nena
no porteliño do prado.
Respondeume a picarona
que estaba o campo mollado.
Aquel paxaro non canta
seica non ten alegría,
non se fai cousa de noite
que non se saiba de día.
Vamos ruando, meniña,
e vamos ruando a eito,
xa que levamos a sona,
levaremos o proveito.
Séntate aquí, miña prima,
ti nunha pedra e eu noutra,
axudarasme a cantar,
a miña fortuna pouca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario