martes, 9 de abril de 2019

Os meus amores



  • Letra
Ei veñen os meus amores
cantando na súa dorniña
chegan ó atardecere
de pescar moita sardiña.

Ai os meus amores,
ai os meus amores.
Non quero que saias máis
de noite a ir a pescar
que pode arreciar o vento
e a piques de naufragar
cala cala miña meiga
témonos que aproveitar
xa sabes que non hai sempre
boa colleita no mar.

Ven puxando polos remos
xa non se pode sentare
ven cargadiño de peixe
de toda a noite pescare.

Ai os meus amores...

Co diñeiro que ti ganes
adornarei a casiña
e ti podas reparare
os enseres da barquiña

Ai os meus amores...

No hay comentarios:

Publicar un comentario