martes, 9 de abril de 2019

O cuco

O cuco, cuco, cuqueiro,
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro,
cantareiro e madrugón.
Óese pola carballeira
ó vello cuco,
ó nace-la primavera
entre o marzal e o abril.
O cuco, cuco cuqueiro...
O vello cuco cucou
e moito máis cucará.
O cuco non me capou
e nunca me capará.
O cuco, cuco, cuqueiro...
Polas mañás ben cediño
o cuco canta: "cu, cu".
¡Como o teño por veciño
eu trato ó cuco de tu".

No hay comentarios:

Publicar un comentario