- E zúmballe o caneco
Túa nai a min berroume
por botar un ferrancholo
se o botei fixen ben
tamén o botou Manolo. (BIS)
E zúmballe o caneco e o
caneco zumba e zúmballe o
caneco e o caneco zumba zumba. (BIS)
Vindo dos polbos da illa
varei no medio do mare
agora dime rapaza
cantos polbos che hei botare. (BIS)
E zúmballe o caneco ...
Boteiche un polbo na saia
túa nai mal me miroue
agora vaite queixare
ao cono que te botoue. (BIS)
E zúmballe o caneco ...
Vouvos da-la despedida
non vola quixera dare
deica logo meus señores
deica logo ata mañánhe. (BIS)
E zúmballe o caneco ...
- Enlaces
No hay comentarios:
Publicar un comentario