martes, 23 de abril de 2019

Muiñeiras


A muiñeira


A muiñeira é un dos ritmos máis coñecidos e utilizados en Galicia. Fíxose tan popular que sufriu múltiples variantes, ata chegar a estropealos. O nome de muiñeira pénsase que procede dos bailes que os campesiños facían nos muíños mentres esperaban para recoller a fariña
A cultura galega tivo dende moitos séculos notables coros e corpos de baile que recollían as melodías populares e as danzas campesiñas, mariñeiras, etc. Estas danzas executábanse nas festas das distintas comarcas galegas. A muiñeira é sempre un alarde de ritmo, rapidez e vistosidade. Soe representarse nas romarías galegas,  festas, onde soe haber un ambiente tradicional e recóllese o costumismo popular galego. Unha das muiñeiras máis características de Galicia é o espantallo. É unha danza campesiña, con música popular, o traxe que se utiliza é típico da comarca de Noia e pertence ó século XVIII. Trátase dunha danza inspirada nun espantallo. No medio do baile o espantallo cobra vida para bailar coas mozas. Este baile é en realidade un culto ó sol, ás aguas polas boas colleitas e ó espantallo  que as protexe. Este baile é un dos poucos nos que só bailan as mulleres cun só home, ese home ponse unha coroza por encima da súa roupa e baila con ela. Outra das muiñeiras que se interpretan moito é a muiñeira de Fraga (provincia de Pontevedra). Bailada por homes e mulleres a principios deste século. Está caracterizada pola roda, común na maioría dos seus paseos e coplas. É de ritmo rápido que permite comprobar a variedade de muiñeiras existentes en Galicia (a muiñeira Ribeirana é de ritmo moi lento), segundo a súa zona ou comarca. Estas pezas son recollidas por  agrupacións no mesmo pobo que leva o seu nome, así como o canto e ritmo da pandereita (instrumento que acompaña as voces).
Almudena María Grandal Barreiro
Muiñeira
Muiñeira, muiñeira,
muiñeira ribeirana,
muiñeira, muiñeira,
tócocha de mala ghana.
Muito miras para minhe
muito me chisca-lo ollo.
son criada de servire
non podo atender a todo.

Muiñeira de Chantada

Muiñeira (son)

Cantares populares
Aviva a gaitiña, Pedro,
que ela vai amortuxada
e as rapaciñas da Ulla
quérena máis avivada.
Non hai amores máis firmes
que os do gaiteiro e a gaita,
ela toca si eu punteo,
eu sopro si ela desmaia.
O gaiteiriño de Corme
no roncón da gaita leva
un letreiriño que dice:
¡arde o eixe, carballeira!
Toda a miña vida andiven
aire vendendo nun fol,
agora que vou velliño…

¡gaiteiro, déitate ao sol!

No hay comentarios:

Publicar un comentario