Versión 1
Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña,
agora que estou casado, pagoume cunha galiña,
pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo!
Túa nai e mais a miña quedan no río berrando
por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo.
Miña nai por me casare
meu pai por me dar a dote
armaron unha porfía
rompéronlle os pés ao pote
rompéronlle os pés ao pote ailalelo, ailalalo.
Versión 2
Miña nai por me casare
ofreceume canto tiña,
e agora que me casei,
pagóume cunha galiña.
Miña nai por me casare,
ofrecéume unha becerra,
e agora que me casei,
díxome que lle morrera.
Miña nai por me casare
ofrecéume tres ovellas,
unha manca, outra torta,
outra cega e sin orellas.
Miña nai por me casare
ofrecéume un año tolo
e agora que me casei,
dixo que o comera o lobo.
Miña nai por me casare.
ofreceume bois e vacas.
e agora que me casei.
deume unha cunca de papas.
Miña nai por me casare
meu pai por me dá-lo dote,
armaron unha regueifa,
rompéronlle os pes o pote
No hay comentarios:
Publicar un comentario