martes, 23 de abril de 2019

Foliada da cantiga mareira




Cantiga que ves do mare
cantiga do mariñeiro
como me sinto alagare
no teu recendo mareiro

Cantiga que ves do mare
con arrecendo mareiro
coida no seu marexare
do pesco, meu gaioleiro.

Teño no mar meu amado
teño no mar meu amore
como un corazón gabado
por un pesco gabadore

Cando vai rompe-lo día
cando o día vai rompere
torna a lancha pra a baía
coas cántigas dun querere

No hay comentarios:

Publicar un comentario