- LETRA
Nista noite escura e bretemosa
na que vai camiñando o noso esprito
vese un raio de sol vese unha rosa
que abrirá no mencer novos camiños
vese un raio de sol vese unha rosa
que abrirá no mencer novos camiños.
Compañeira nos días de tristura
compañeira nos días de esperanza
paso a paso de alento, de tenrura
pedra a pedra no mundo a nosa casa
paso a paso de alento, de tenrura
pedra a pedra no mundo a nosa casa.
Racharemos cadeas que nos prenden
e faremos fuxir a treboada
falaremos de amor coa nosa xente
pra vivir connosco a mañán crara
fafaremos de amor coa nosa xente
pra vivir connosco a mañán crara.
- ENLACES
Fuxan os ventos: http://youtu.be/qFhw4VDkXNY
Coral Amanecer: http://youtu.be/KpQTlh5uEKE
No hay comentarios:
Publicar un comentario