martes, 30 de abril de 2019

Alalá


Alalá 


Alalá é un canto de ritmo libre que non precisa de acompañamento musical e que recibe esta denominación debido ó retrouso que leva: ai-la-la-la/ai-la)A súa orixe non está totalmente clara, pero a teoría máis aceptada é que están relacionados co canto gregoriano. Os alalás foron a orixe doutros xéneros.

O alalá é arrítmico e está composto por coplas octosílabas no que se repite un tema curto e as ailalá repetidas. Interprétanse a capella pero recentemente engadíronselles frases instrumentais de gaita ou zanfona. As letras soen ser de temática seria e a interpretación é un de suma importancia ao ser de ritmo libre, o intérprete ten moito xogo para engadirlle adornos á melodía principal.

O alalá é considerado pola maioria dos autores como a forma de música tradicional galega máis antiga e característica.

O alalá é o canto máis fermoso, elemental e primitivo de Galiza, empurrado polo medieval vento litúrxico. Ao principio non tiñan letra. Despois apareceron con letra de métrica variada, pero a máis común era de versos octosílabos.




De Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo, Tomo I, B. Aires, 1962.

No hay comentarios:

Publicar un comentario