martes, 9 de abril de 2019

A Rianxeira

I
A Virxe de Guadalupe 
cando vai pola ribeira. (BIS) 
descalciña pola area 
parece unha rianxeira. (BIS)

Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van
.
Non te vaias rianxeira, 
que te vas a marear.
 (BIS)

Introdución instrumental

II
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo (BIS)
a barquiña que a leva
era de pao de laranxo (BIS)
Ondiñas veñen…

Introdución instrumental

III
A virxe de Guadalupe
¿quen a fixo moreniña?, (BIS)
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña. (BIS)
Ondiñas veñen…
“Ondiñas da nossa ría”
“A rianxeira”
Jesús Frierio, música: Anxo Romero Lojo, 1950


I
Moito me gustas rianxeira
que estás eiquí na Arxentina
verche cantar e beilar-e
como alá na terra miña (bis).
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

II
Que guapa estabas rapaza
cando che vin na ribeira,
tiña-la cara morena
coma a virxe rianxeira.
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

III
A virxe de Guadalupe
vai no yate de Baltar
lévana os rianxeiros
a remolque pol-o mar (bis)


Un disco da gravación orixinal desta canción chegou en 1950 ao Bar Feliciano de Rianxo, onde enraizou de tal xeito que a versión hoxe coñecida pensouse que era unha canción tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario